11 agosto 2008

Afundamos Plásticos Santi!!!

Vivimos na era do "pichiglás", usamos plástico en cada actividade cotiá. As autoridades convídannos a ser más verdes, pero ninguén anima ás tendas a dar bolsas de papel ou ás empresas de alimentos a colocar os seus productos en caixas de cartón ou vidro, se de líquidos se tratase. Pregúntome por que.
Hai quen se propón como reto vivir un mes sen adquirir nada que teña plástico ou que veña envolto nel.
Eu de momento meto a compra nas bolsas que levo da casa, pero haberá que ir un paso máis alá e escoller a froita que venden a granel na vez da que vén xa embolsada. Convídovos a vós tamén.

2 comentários:

Anónimo disse...

y vamos a ver, la que viene a granel no te la meten en bolsas igual.... estaba buscando la web de plásticos santi y me econtre con esto....

Frida disse...

Pero as bolsas nas que che meten a froita a granel poden ser de papel...