13 agosto 2008
11 agosto 2008
Afundamos Plásticos Santi!!!
Vivimos na era do "pichiglás", usamos plástico en cada actividade cotiá. As autoridades convídannos a ser más verdes, pero ninguén anima ás tendas a dar bolsas de papel ou ás empresas de alimentos a colocar os seus productos en caixas de cartón ou vidro, se de líquidos se tratase. Pregúntome por que.
Hai quen se propón como reto vivir un mes sen adquirir nada que teña plástico ou que veña envolto nel.
Eu de momento meto a compra nas bolsas que levo da casa, pero haberá que ir un paso máis alá e escoller a froita que venden a granel na vez da que vén xa embolsada. Convídovos a vós tamén.

09 agosto 2008
Changes, changes, changes
que diría Bowie. Farteime do formato anterior e decidín cambialo. Algo máis sinxelo. As ideas claras, sempre. O caos no teu espazo representa o caos que hai en ti. Comecemos por ordear as cousas. A sinxeleza da liña recta e a precisión do branco.
Ás veces odio o minimalismo, ás veces, cando a imprecisión me fai as beiras, precísoo.
Espero que vos guste e que sexa un pouco máis cómodo de ler.
Ás veces odio o minimalismo, ás veces, cando a imprecisión me fai as beiras, precísoo.
Espero que vos guste e que sexa un pouco máis cómodo de ler.
Subscrever:
Mensagens (Atom)