30 junho 2008

A petición

Son capaz de escribir máis de cinco palabras (8, pas mal, eh!)

27 junho 2008

Xornalistas de feiras

Pregúntome quen foi o intelixente que redactou o titular... O corpo da nova tampouco ten desperdicio. En La Voz deberían considerar a opción avaliar a calidade dos seus xornalistas e redactores se pretender ter algo máis de calidade cá folla parroquial.

18 junho 2008

Chiste

Ábrese o telón. Aparece unha galega falando con tres constructores de violíns no seu taller de Bambury Road, Oxford. Manteñen durante un rato unha conversa sobre construcción e reparación. Péchase o telón. Como remata a historia? Os catro falando co encargado, galego da Coruña, dun restaurante italiano...

16 junho 2008

Mañá de recados, completita completita.
Entrega dunha solicitude de traballo.
Apertura dunha conta no banco.
Anoteime na biblioteca pública.
A semana pasada miroume un "tuerto", hoxe faloume unha tatexa. A rapaza do banco enganchaba en todas as consoantes, oclusivas, fricativas, daba igual. Deume un pouco de pena, pero ole sus ovarios.