A Andy había dez anos que non a vía, a Nerea uns cinco (aínda lembro o último café autoconvencéndome de que todo ten solución) e a Vane víaa de vez en cando no bus para ir a casa.
Quedamos para comer e continuar a sobremesa pola Coruña. Démoslle un repaso ao persoal todo do instituto, que facía agora cada un deles e lembrámonos ata a saciedade da fea e mala que presumía de parecerse a Pe.
Rimos, falamos, bebemos, comemos, paseamos, cotilleamos, rememoramos... Pasaron dez anos e non o parecía.
Agora estamos buscando a todos no Facebook, en parte para saber que foi deles, en parte para ver se a fea e mala segue igual ou se os dez anos maduraron as súas neuronas.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
É fantástico cando o tempo pasa e as amizades permanecen, aínda que apenas as vexas.
Ai, malas pécoras! A cotillear da fea e mala que se parece a Pe.
Está ben rememorar tempos pasados en compañía de xente que te quere e que te fai ben.
Espero que a próxima vez que nos vexamos non sexa tan mala como a última e tamén fagamos un repaso cotilla da xente que nos rodeou durante estes últimos anos.
Enviar um comentário