17 julho 2007

Pescando


Sabía que Ugia Pedreira tiña un programa de radio, mais nunca se produciu a conexión neuronal que me levara a tomar conciencia da existencia de tal programa e menos a posibilidade de escoitalo. Hoxe navegando pola rede atopei a súa páxina e o seu espazo en myspace. Son tres, como los mosqueteros: Ugia, Guille e Xabier.
Se queredes podedes escoitar programas anteriores entrando na páxina da CRTVG e mirando en "Radio á carta". Emítese os domingo de noite, a iso das 23.00.
Sei que vivo na inopia e que sempre chego ás cousas cando todos estades de volta e media, pero hai que quererme así.
Pois veña, a seguir facendo cousas.

5 comentários:

Anónimo disse...

Pois si que andas na verza, si... :-)

marinho68 disse...

Dende o CVG (Clube da Verza Galega) facémosche a concesión da medalla de honra por espallar a nosa cultura alén das nosas fronteiras.

Por se non o sabes...Portugal acaba de entrar en España. Agora formamos parte dunha Grande e Libre Iberia.

Penso igual ca Píntega. Deixa de comer berzas de bote (seguro que viñan envasadas por Goe), que están a facer estragos na túa cachola.

Hoxe toca Julieta Venegas na Quintana...bueno está a chover....ou sexa que ó mellor non...

Sigue escribindo PEEERO contando mais cousas ooooh....

Frida disse...

Grazañas pola medalla, rapaces.
Mario, ben podías dicir que falabas na radio polo teu traballo como taberneiro, que unha se ten que enterar destas cousas meses despois en terras alonxadas. Parece mentira...

marinho68 disse...

Booooh. O de falar na radio, foi unha vez. E ben divertido que foi...En realidade chamáronme pola conxunción "Taberneiro das Crechas e o Kaiak"...Cada convidado tén que elexir unha canción (eu "Blue" de Joni Mitchell)e tamén un peixe ou animal mariño...Claro normalmente todos elixen o delfín, a faneca brava, a balea, etc...eu elexín os peixes pequenos que están nas peceras.

Oes ¿sabes quén libra este luns e marcha a Vigo a ver a Shooglenifty e a Davy Spillane? jejeje....Xa che contarei.(Arre la cona...xa parece mais ben o meu blog)....

p.d....o outro día volvendo de currar, pisei sen querer un cosco (para os de Santiago "caracol")....Seguro que che pitaron os ouvidos de madrugada.

Hala vou mimir.

Frida disse...

Ai, que dolor!