Hoxe rematamos unha pequena fazaña na que invertimos estes tres últimos días. Fatiga, maniotas e unha sensación entre a indignación e cabreo foi o saldo que nós cobramos. Outras persoas acabaron con todas as súas pertenzas desprazadas dende a súa antiga vivenda ao novo piso no que se instalan sen case mover un dedo.
Despois de cargar caixas e máis caixas con enciclopedias alleas a cambio dun simple agradecemento verbal (e creo que tampouco moi realmente sentido) chegeui a dúas conclusións:
1.- Que estupendas son as enciclopedias en CdRom, sobre todo a Británica, e que marabilloso o minimalismo ao que decoración se refire: un colchón, un edredón e vas que te matas.
2.- A delgada liña que separa a solicitude de axuda e o abuso, como podes cargar mil pesos sobre as costas dos outros amparándote na súa boa vontade e apelando favores.
Quizais é que aínda me doen os brazos de cargar caixas coa vida doutros, pero o asunto deume para reflexionar moito durante estes tres días sobre o que é o abuso, o respecto, a organización e a imposición do teu xeito de facer as cousas cueste lo que cueste.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
MUDANZAS SEN FRONTEIRAS S.L.
A todo iso...uuuuhhhmmmmm, teño a miña salita sen recoller. Espero a túa estimada axuda "pero YA". Logo cando remates pois non sei, frégasme a cociña, ¿ok?. Eu tamén che estarei eternamente agradecido.
¿Pero que paso ooohhh? ¿víronche cara de ONG?
Por eiquí moito sol, Bicos
Impórtache esperar ata agosto? É que agora non me vén moi ben.
Pois eu en setembro teño unha mudanza... así que vaia preparando ese lombo...
Enviar um comentário