13 julho 2007

Maitines


Son as 5 da mañá e son víctima dun ataquen de insomnio. Levo tres horas dando voltas na cama e acabou por entrarme a fame. Así que baixei para aliviar o meu estómago. Saqueei a pota coa comida que prepara para xantar hoxe, un guiso de xoubas, pero por sorte teño para hoy, para mañana y para toda la semana. E agora estou a quentar o pan reseso para tomar con algo dentro. Tampouco hai moito máis, agás as latas de fabada, que a Dios pongo por testigo que nunca más volveré a comer una.
E como teño as neuronas en folga á xaponesa e estáseme a acumular a superproducción de ideas decidín escribir algo, que xa hai días que non o fago. Ocorréuseme tamén bailar claqué, como facía Robert Reford nunha película, pero coido que aos veciños de abaixo non lles vai parecer moi boa idea. Tampoco podo comer xelados nin ler, teño os ollos como putas pelotas. A tele non funciona, internet vaime aburrindo e a cidade non semella moi acolledora para un paseo.
Vou ver se anda Mario por aí...

1 comentário:

marinho68 disse...

Hoxe é o día "D"(merda).Hoxe tocan Joaquín Sabina e Serrat no Obradoiro. Eu que pensaba que xa mandara no meu "avión particular" ó madrileño de marras....

Por eiquí tudo igual...días de sol e praia. Pero bueno, seica vén unha borrasca polo país. Hoxe vento.

Repítome pero...¿qué fas polo día?.

Estou vendo "Fast Food Nation", se tés internet báixaa, paga a pena. Eiquí tés un enlace a esta páxina para cando te aburras: http://www.get.participate.net/ aparecen recomendacións de pelis moi moi boas.
biquinhos