14 julho 2007

Festa da República


Hoxe é 14 de xullo, o día que Francia celebra a festa nacional. E resulta que esta festa non conmemora a famosa toma da Bastilla polos parisinos en 1789, en busca de pólvora para defenderse contra as tropas reais que sitiaban a cidade, en plena revolución, senón que celebra a Festa da Federación, un evento que tivo lugar tal día coma hoxe do ano 1790 en lembranza da toma da Bastilla e na que Luis XVI xurou lealdade á nova Constitución. Logo revirouse e tivéronlle que cortar a cabeza para evitar males maiores.
E con motivo desta festa organizan un espectáculo de fogos artificiais na que cada concello exhibe su poderío. O de Toulouse foi duns 30 minutos, nunha das beiras do río, polo que se vía perfectamente desde o paseo que hai do outro lado. O que non entendo é a manía de pór música se: a xente está no quinto carallo e non oe e os foghetes arman tanto ruído que non se escoita nada.
Quedoume unha dúbida; a música que puxeron era a banda sonora de Gladiator: será unha alusión ás pretensións sarkozystas??

Sem comentários: