29 julho 2007

Conclusión

Nestes días que por diversos motivos recorrín autoestradas e pistas descubrín unha cousa: os traballadores de Audasa, esa especie de marionetas que semellan carecer de extremidades inferiores e dedicar a súa existencia a cobrar a peaxe, eses traballadores, digo, teñen vida alén da cabina laranxa. Pois si. E como cheguei a esta asombrosa conclusión? Porque o venres ás 02.00 cobroume na peaxe entre Pontevedra e Compostela un rapaz que coñezo. E dou fe de que ten pernas, fai bromas e ten vida propia.

20 julho 2007

Antònia Font

De blog en blog y tiro porque me toca, atopei un grupo que merece a pena. Que vos guste.

19 julho 2007

Sombras

Buscando polo youtube atopei este delicioso anuncio. Bueno, seguro que xa o coñecedes todos e eu en babia.

17 julho 2007

Pescando


Sabía que Ugia Pedreira tiña un programa de radio, mais nunca se produciu a conexión neuronal que me levara a tomar conciencia da existencia de tal programa e menos a posibilidade de escoitalo. Hoxe navegando pola rede atopei a súa páxina e o seu espazo en myspace. Son tres, como los mosqueteros: Ugia, Guille e Xabier.
Se queredes podedes escoitar programas anteriores entrando na páxina da CRTVG e mirando en "Radio á carta". Emítese os domingo de noite, a iso das 23.00.
Sei que vivo na inopia e que sempre chego ás cousas cando todos estades de volta e media, pero hai que quererme así.
Pois veña, a seguir facendo cousas.

14 julho 2007

Festa da República


Hoxe é 14 de xullo, o día que Francia celebra a festa nacional. E resulta que esta festa non conmemora a famosa toma da Bastilla polos parisinos en 1789, en busca de pólvora para defenderse contra as tropas reais que sitiaban a cidade, en plena revolución, senón que celebra a Festa da Federación, un evento que tivo lugar tal día coma hoxe do ano 1790 en lembranza da toma da Bastilla e na que Luis XVI xurou lealdade á nova Constitución. Logo revirouse e tivéronlle que cortar a cabeza para evitar males maiores.
E con motivo desta festa organizan un espectáculo de fogos artificiais na que cada concello exhibe su poderío. O de Toulouse foi duns 30 minutos, nunha das beiras do río, polo que se vía perfectamente desde o paseo que hai do outro lado. O que non entendo é a manía de pór música se: a xente está no quinto carallo e non oe e os foghetes arman tanto ruído que non se escoita nada.
Quedoume unha dúbida; a música que puxeron era a banda sonora de Gladiator: será unha alusión ás pretensións sarkozystas??

13 julho 2007

Maitines


Son as 5 da mañá e son víctima dun ataquen de insomnio. Levo tres horas dando voltas na cama e acabou por entrarme a fame. Así que baixei para aliviar o meu estómago. Saqueei a pota coa comida que prepara para xantar hoxe, un guiso de xoubas, pero por sorte teño para hoy, para mañana y para toda la semana. E agora estou a quentar o pan reseso para tomar con algo dentro. Tampouco hai moito máis, agás as latas de fabada, que a Dios pongo por testigo que nunca más volveré a comer una.
E como teño as neuronas en folga á xaponesa e estáseme a acumular a superproducción de ideas decidín escribir algo, que xa hai días que non o fago. Ocorréuseme tamén bailar claqué, como facía Robert Reford nunha película, pero coido que aos veciños de abaixo non lles vai parecer moi boa idea. Tampoco podo comer xelados nin ler, teño os ollos como putas pelotas. A tele non funciona, internet vaime aburrindo e a cidade non semella moi acolledora para un paseo.
Vou ver se anda Mario por aí...

07 julho 2007

Pequenos praceres





Acabo de comer un bocadillo de xamón serrano. Podedes rir porque semella unha parvada, pero non sabedes canto o botaba en falta. Y lo rico que estaba...

06 julho 2007

Mudanzas

Hoxe rematamos unha pequena fazaña na que invertimos estes tres últimos días. Fatiga, maniotas e unha sensación entre a indignación e cabreo foi o saldo que nós cobramos. Outras persoas acabaron con todas as súas pertenzas desprazadas dende a súa antiga vivenda ao novo piso no que se instalan sen case mover un dedo.
Despois de cargar caixas e máis caixas con enciclopedias alleas a cambio dun simple agradecemento verbal (e creo que tampouco moi realmente sentido) chegeui a dúas conclusións:
1.- Que estupendas son as enciclopedias en CdRom, sobre todo a Británica, e que marabilloso o minimalismo ao que decoración se refire: un colchón, un edredón e vas que te matas.
2.- A delgada liña que separa a solicitude de axuda e o abuso, como podes cargar mil pesos sobre as costas dos outros amparándote na súa boa vontade e apelando favores.
Quizais é que aínda me doen os brazos de cargar caixas coa vida doutros, pero o asunto deume para reflexionar moito durante estes tres días sobre o que é o abuso, o respecto, a organización e a imposición do teu xeito de facer as cousas cueste lo que cueste.

03 julho 2007

Pascal Comelade - Russian Roulette

Coñecedes a Pascal Comelade? Si? Non? Pois como mostra un pequeno video. Atendede a Pep Pascual, é un crack.