23 junho 2007

Río Chocho

A ver, resumo da xornada musical de onte.
1.- Mercedes Peón: tanta vacación en Ibiza en ambientes "bacaladeros" está facendo estragos nas súas neuronas e, en consecuencia, no seu criterio musical. Como letrista segue sen haber por onde collela. Pero parece un tía simpática, non tivo reparos en falar no seu francés (malo coma o meu) e cando tiña algunha dúbida preguntaba a quen fose. Sincera e honesta co que fai sen meterse con ninguén, mantense un pouco á marxe de todo. Ella a su rollo. E creo que iso é importante.
2.- Chano Domínguez: Elevou ó nivel musical do día, moi alto moi alto. Despois da Peón e outro individuo que fai pachanguita flamenca estilo ketama ou algo parecido o piano de chano Domínguez foi un relax para os oídos. Acompañado de metais, contrabaixo, guitarra, un cantaor, un bailaor e unha artistaza que tocaba a marimba e todo o que se lle puxera por diante como ninguén. Un moi bo concerto.

2 comentários:

escapando disse...

Petarda (ou Petardé)como se diga en francés. Te vas cagar como te volvas meter con Santa Mercedes Peón, que viu a redimirnos de tanta languidez na música galega. O seu criterio ás veces será mellor e outras peor, pero cando saio dun concerto seu, teño ganas de comerme o mundo e non de tirarme desde unha ponte porque fulanito non me quere...

Aí fica iso.

Frida disse...

Nena, xa che dixen ue non foras ver a Madredeus en estados anímicos carentes de alegría...