26 junho 2007

las lintejas




Todas as culturas que coñecen as lentellas úsanas como ingrediente de maior ou menor importancia na súa cociña. En Francia non. Acabo de descubrir que aquí se empregan como arma arrojadiza, e asegúrovos que fan pupa.
Como o tempo está piollento e o corpo pide comida quente decidín guisar unha lentellas que había pola casa. Toda unha noite a remollo e cinco horas cocendo non foron suficientes para abrandalas. Elas permanecen impertérritas.
Así que como non podo facer nada mellor, porque a simple idea de intentar comelas xa me produce un ataque de gases, voullas disparar ás pombas, a ver se mato algunha dun perdigonazo e xa teño o menú para mañá.

3 comentários:

marinho68 disse...

Muller, se queres mándoche uns sobres de esparreches prefabricados deses. No DIA están a 0'73. A mín vaime xenial con isto. Alpróndigas Louriño ou ben chourizos de Mondañedo ("envasados en su vacío"), e senón mándoche Corromochitos das Crechas "los auténticos".
Por eiquí tudo igual ca sempre. Foron as Festas de San Pedro, e estiveron xenial, sobre todo a comida en Belvís este Domingo, Licor Kéfe, cervexa, baile autonómico gallego, etc. Cheguei a unha conclusión...UUUhm, se Laza é igual ca romería de S.Pedro, entón apúntome de cabeza.
Manda carallo, que o diga eu. Tanto tempo despotricando desta festa pagana e agora desexando probar.

Frida disse...

O día seguinte atopei as reservas que miña irmá tiña escondidas: catro latas de fabada Asturiana. Comín unha lata enteiriña e xurei que nunca máis.
Rapás, que fai vostede nunha festa onde hai gaitas e baile tradicional? Está vostede ben???

Anónimo disse...

E ló na cidá hai pombas?
No me lo puedo de creer.