25 junho 2007
L'Anglaterre
Onte certo vasco case me arrea un ciber-sopapo porque non lle contara se xa fora a Inglaterra, se xa volvera, se estaba en alí, ou que pasaba.
Pois si, psicopatilla, fun, estiven e volvín. E desto hai xa unha semana. Un breve resumo.
Xoves 14: Tren a Carcassonne, avión Carcasonne-Stansted, dúas horas mortas no aeroporto e tres horas, case catro, de autobús ata Oxford. Convidáronme a cear peixe e ostras. Envidia cochina.
Venres 15: Día sen nada a destacar (creo, que alguén me refresque a memoria) salvo o tremendo chaparrón que caeu de camiño ao centro. Había unha marquesina de bus pretiño e alí nos abeiramos. Birras e kebab con salsa chili pola noite.
Sábado 16: Excursión aos Cotswolds. Cirencester: comida típica inglesa nun pub, visita á abadía e ao anfiteatro romano que alí hai, os restos romanos mellor conservados de Inglaterra. xa saberás por que. Excursión polo nacemento do Támesis (non o vimos exactamente pero por alí andaba).
Domingo 17: Barbacoa internacional. Algo así coma cinco quilos de alimento e tres litros de bebebida por persoa.
Luns 18: Autobús Oxford-Stansted. Este autobús, o das 6.30 da mañá, ofrece servizos que os outros non dan: o conductor chámate "parva" co mellor dos seus sorrisos e toda a amabilidade do mundo por non ter mercado o billete con anterioridade, vai ademais amenizando a viaxe con comentarios estilo Monty Python e, o mellor de todos os servizos, é o de perderse pola campiña inglesa por evitar un atasco e pasr unha hora dando voltas sen rumbo coñecido por estradas secundarias. Quen lles dera aos de Castromil unha atención coma esta.
Avión Stansted-Carcassonne e coche ata Toulouse.
Por se vos intersa, o aeropoeto de Carcassonne é similar ao de Pin y Pon.
Polo demais todo ben, moi ben, vasco-que-todo-lo-quiere-saber. O aloxamento moi cómodo, incluso puxeron un edredón na cama unicamente por min, e o servizo de habitacións moi completo, dábanche achuchóns e todo.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Ai mimá, que enfermedá.
Enviar um comentário