
Pois si. Son as 19.47 e pouco hai que facer fóra da casa. Salvo bares e sitios onde comer todo está pechado. Nin cafés nin comercios. Ou sexa que non queda outra que dedicarse a outros menesteres.
No meu caso estes menesteres implican unha certa actividade neuronal (tampouco moita, non creades) xa que vexetar non me gusta nada e non sei como funciona a televisión. A non ser que me conforme cunha cadea que emite debuxos animados todo o día non hai máis que ver. Algún día puiden ver house e Anatomía de Grey, pero son incapaz de saber como fixen para cambiar de canle. Nin flores.
Así que descartado durmir e ver a tele só me queda ler, escoitar música e navegar pola rede. Podería cociñar, tamén, pero facelo pa unha soa é unha cousa bastante aburrida. Di ti que podería cociñar para o vencindario todo, pero...
Creo que vou ter que cambiar o horario: na vez de currar pola mañá e pasear á tarde vou pasear pola mañá e traballar a partir das 18.00 ou 17.00, ou sexa, cando unha está máis cansa. Pero é que se non non podo facer gran cousa.
O día tampouco acompaña, que se diga: leva ameazando todo o día con chover e vai un frío de cagarse.
(O cadro chámase "Ciudad y niebla", de Raquel Sáez Fliquete).
Sem comentários:
Enviar um comentário