26 junho 2007

las lintejas




Todas as culturas que coñecen as lentellas úsanas como ingrediente de maior ou menor importancia na súa cociña. En Francia non. Acabo de descubrir que aquí se empregan como arma arrojadiza, e asegúrovos que fan pupa.
Como o tempo está piollento e o corpo pide comida quente decidín guisar unha lentellas que había pola casa. Toda unha noite a remollo e cinco horas cocendo non foron suficientes para abrandalas. Elas permanecen impertérritas.
Así que como non podo facer nada mellor, porque a simple idea de intentar comelas xa me produce un ataque de gases, voullas disparar ás pombas, a ver se mato algunha dun perdigonazo e xa teño o menú para mañá.

25 junho 2007

L'Anglaterre



Onte certo vasco case me arrea un ciber-sopapo porque non lle contara se xa fora a Inglaterra, se xa volvera, se estaba en alí, ou que pasaba.
Pois si, psicopatilla, fun, estiven e volvín. E desto hai xa unha semana. Un breve resumo.
Xoves 14: Tren a Carcassonne, avión Carcasonne-Stansted, dúas horas mortas no aeroporto e tres horas, case catro, de autobús ata Oxford. Convidáronme a cear peixe e ostras. Envidia cochina.
Venres 15: Día sen nada a destacar (creo, que alguén me refresque a memoria) salvo o tremendo chaparrón que caeu de camiño ao centro. Había unha marquesina de bus pretiño e alí nos abeiramos. Birras e kebab con salsa chili pola noite.
Sábado 16: Excursión aos Cotswolds. Cirencester: comida típica inglesa nun pub, visita á abadía e ao anfiteatro romano que alí hai, os restos romanos mellor conservados de Inglaterra. xa saberás por que. Excursión polo nacemento do Támesis (non o vimos exactamente pero por alí andaba).
Domingo 17: Barbacoa internacional. Algo así coma cinco quilos de alimento e tres litros de bebebida por persoa.
Luns 18: Autobús Oxford-Stansted. Este autobús, o das 6.30 da mañá, ofrece servizos que os outros non dan: o conductor chámate "parva" co mellor dos seus sorrisos e toda a amabilidade do mundo por non ter mercado o billete con anterioridade, vai ademais amenizando a viaxe con comentarios estilo Monty Python e, o mellor de todos os servizos, é o de perderse pola campiña inglesa por evitar un atasco e pasr unha hora dando voltas sen rumbo coñecido por estradas secundarias. Quen lles dera aos de Castromil unha atención coma esta.
Avión Stansted-Carcassonne e coche ata Toulouse.
Por se vos intersa, o aeropoeto de Carcassonne é similar ao de Pin y Pon.
Polo demais todo ben, moi ben, vasco-que-todo-lo-quiere-saber. O aloxamento moi cómodo, incluso puxeron un edredón na cama unicamente por min, e o servizo de habitacións moi completo, dábanche achuchóns e todo.

La ville est morte


Pois si. Son as 19.47 e pouco hai que facer fóra da casa. Salvo bares e sitios onde comer todo está pechado. Nin cafés nin comercios. Ou sexa que non queda outra que dedicarse a outros menesteres.
No meu caso estes menesteres implican unha certa actividade neuronal (tampouco moita, non creades) xa que vexetar non me gusta nada e non sei como funciona a televisión. A non ser que me conforme cunha cadea que emite debuxos animados todo o día non hai máis que ver. Algún día puiden ver house e Anatomía de Grey, pero son incapaz de saber como fixen para cambiar de canle. Nin flores.
Así que descartado durmir e ver a tele só me queda ler, escoitar música e navegar pola rede. Podería cociñar, tamén, pero facelo pa unha soa é unha cousa bastante aburrida. Di ti que podería cociñar para o vencindario todo, pero...
Creo que vou ter que cambiar o horario: na vez de currar pola mañá e pasear á tarde vou pasear pola mañá e traballar a partir das 18.00 ou 17.00, ou sexa, cando unha está máis cansa. Pero é que se non non podo facer gran cousa.
O día tampouco acompaña, que se diga: leva ameazando todo o día con chover e vai un frío de cagarse.
(O cadro chámase "Ciudad y niebla", de Raquel Sáez Fliquete).

24 junho 2007

Río Cencerro



Onte foi o turno de Eliseo Parra e Kepa Junquera. Me quito el sombrero ante los dos. Pedazo concertos, dúas actuacións con moita enerxía e calidade musical.
O de Eliseo Parra foi un concerto sinxelo e precioso. Sen grandes pretensións e moi familiar. Pelos como escarpias.
Kepa Junkera trouxo unha formación tamén sinxela (guitarra, baixo, piano, txalaparta e el mesmo), pero cunha sonoridade máis complexa. Bailamos coma tolos.

23 junho 2007

Jo!, Dani, como mola!

Hai un par de noites ceando nun garito bastante recurrido por xuventude de todo tipo puxeron esta canción. Coma un resorte saltei da silla e berrei coma é costume ao escoitala: "jo! Dani, como mola!". Atónitos quedaron todos. Rematado o alarido, sentei de novo e continuei a comer o meu prato como se nada.
Creo que algún aínda non se recuperou de tal visión.

Río Chocho

A ver, resumo da xornada musical de onte.
1.- Mercedes Peón: tanta vacación en Ibiza en ambientes "bacaladeros" está facendo estragos nas súas neuronas e, en consecuencia, no seu criterio musical. Como letrista segue sen haber por onde collela. Pero parece un tía simpática, non tivo reparos en falar no seu francés (malo coma o meu) e cando tiña algunha dúbida preguntaba a quen fose. Sincera e honesta co que fai sen meterse con ninguén, mantense un pouco á marxe de todo. Ella a su rollo. E creo que iso é importante.
2.- Chano Domínguez: Elevou ó nivel musical do día, moi alto moi alto. Despois da Peón e outro individuo que fai pachanguita flamenca estilo ketama ou algo parecido o piano de chano Domínguez foi un relax para os oídos. Acompañado de metais, contrabaixo, guitarra, un cantaor, un bailaor e unha artistaza que tocaba a marimba e todo o que se lle puxera por diante como ninguén. Un moi bo concerto.

22 junho 2007


Coincide tamén que estes días ten lugar o festival Río Loco, que este ano, mira ti, está dedicado a España(s). Moita pachanguita, flamencada y buen rollito.
De representación galega Carlos Núñez e Mercedes Peón (gracioso, escolleron aos dous máis pelados). Onte foi o concerto de "monsieur" e hoxe tócalle á "Pelona". Agora mesmo están a ser as probas de son (o concerto é dentro de dúas horas e media) e óense os seus alaridos na miña cociña. Non pode ser...

Festa da música

Onte foi a Festa da Música. Aquí ten bastante repercusión e á parte dos actos organizados por asociacións, institucións e demais, calquera que teña actitudes (nin sequera é imprescindible ter aptitudes) musicais pode montar o seu espectáculo en calquera punto da cidade.
Á tarde estiven nun parque que hai a uns 40 minutos da casa no que o Conservatorio Occitano celebraba os seus actos. Aquilo máis que unha festa da música semellaba a exaltación do Baby-boom: non vos podesdes imaxinar a cantidade de cativos que hai neste país.
Pola noite o público cambia, deixan de ser familias con carritos para convertirse en xunventude desmadrada. Para que vos fagades unha idea: collede a xente toda que anda por Compostela o día da Ascensión ou do Apóstolo, multiplicádea por 10 e enchede cada esquina cun grupo de música, un ordenador con altofalantes ou un trío de espontáneos cantando os grandes éxitos de Mocedades e teredes unha imaxe aproximada do que foi a noite. se queredes engadídelle un tío facendo un desnudo integral no alto dunha fonte.
E que quede claro que hoxe é día laborable. Imaxino olleiras e leghañas en moitas caras.

09 junho 2007

o xogo da distancia

Foi un xogo: a cada persoa déuselle un papel e algo para escribir. Tratábase de pór no papel o primeiro que se lle pasase pola mente ao escoitar unha palabra. A palabra escollida foi DISTANCIA. Sen máis explicación
Espero que vos guste.